Non te equivoques. Máis que trastes son auténticas reliquias. Os teléfonos antigos e as vaixelas que gardan as avoas como ouro en pano no fondo do armario teñen moito tirón. O vintage está de moda. Tamén eses pantalóns cortísimos e esas chaquetas de la que, cada vez máis, locen os ombros dos boirenses máis modernos. Esta é unha maneira de viaxar a outras décadas e de adquirir produtos creativos, de nova artesanía, deseño, música, roupa… sen abandonar o corazón de Boiro.
Tamén de que os máis pequenos participen en talleres de cociña e o pasen en grande descubrindo as tendencias que vestían os seus pais e avós. Para eles, outro mundo. Algo de película.
LOCALIZACIÓN: Rúa peonil de Boiro
DATA: Mes de maio
ACCESIBILIDADE: Practicable para persoas con movilidade reducida.